HH 47: un chorro de estrela nova expándese

[youtube width=”640″ height=”390″]bFB0vgjIHiI[/youtube]
Créditos da imaxe: NASAESA, & P. Haritgan (Rice U.)
Explicación: as estrelas fican onde están. A nebulosas parecen sempre o mesmo. Día tras día. Ano tras ano. Debido ás vastas distancias en astronomía, incluso os obxectos que se moven máis rápido non parecen mudar a súa aparencia durante unha vida humana. Normalmente. Un recente e espectacular excepción a isto, porén, é o chorro supersónico na estrela en formación Herbig Haro 47. HH 47 está tan preto, e os chorros móvense tan rápido, que as imaxes do Telescopio Espacial Hubble desde 1994 ata2008 combináronse nun película en time-lapse que amosa realmente un potente chorro en expansión. Visible máis arriba, os chorros de plasma esténdense unhas 10.000 veces a distancia Terra-Sol saíndo disparados desde unha estrela en formación a velocidades maiores que 150 quilómetros por segundo. O estudo da forma en que estes chorros evolúen aporta pistas non só de como se está a formar a estrela en HH 47, tamén de como as estrelas coma o noso Sol se formaron hai miles de millóns de anos. HH 47 atópase a uns 1.500 anos luz de distancia cara a constelación da Vela.
Texto orixinal no APOD.