Na sombra de Saturno

 

Créditos da imaxe: Cassini Imaging TeamSSIJPLESANASA

Explicación: na sombra de Saturno poden aparecer inesperadas marabillas. A nave robotizada Cassini que neste momento orbita Saturno desviou en 2006 o seu rumbo á sombra do planeta xigante durante e ollou cara o sol eclipsado. Cassini obtivo unha visión diferente a calquera outra. En primeiro lugar porque a cara nocturna de Saturno óllase parcialmente iluminada como consecuencia do reflexo do seu propio maxestuoso sistema de aneis. Segundo, porque os aneis mesmos aparecen ensombrecidos cando recortan a súa silueta  contra Saturno, pero permanecen brillantes vistos mais aló de Saturno, levemente dispersa a luz solar, nesta imaxe de cores esaxeradas. Os aneis de Saturno brillan tanto que na imaxe foron descubertos novos aneis, aínda que sexan difíciles de ver. Ollando os espectaculares detalles, é o anel E, o anel formado a partir dos recentemente descubertos géiseres da lúa Encélado, o que se olla como o mais exterior na imaxe mostrada enriba. Lonxe na distancia, á esquerda, xusto sobre o resplandor dos aneis principais, está o case inapreciable e pálido punto azul da Terra.

Texto orixinal no APOD.