O cometa Garradd pasa sobre 10.000 estrelas

Créditos da imaxe: Richard Tresch Fienberg (AAS)

Explicación: o Cometa Garradd continúa a iluminarse a medida que se despraza polo ceo do norte. A semana pasada o cometa, visible con prismáticos, e distinguible como unha coma verde, pasou case fronte ao cúmulo globular M71. M71 foi clasificado como un cúmulo aberto, pero agora é coñecido como un vello cúmulo globular contendo preto de 10.000 estrelas. O fotoxénico dúo foi capturado cunha cámara dixital estándar mediante unha exposición de gran angular de 10 minutos cara a constelación norteña da Frecha (Sagitta). A estrela Sham (Alpha Sagittae), Beta SagittaeGamma Sagittae, e a estrela dobre Delta Sagitta son todas visibles na banda diagonal descendente dende o extremo superior esquerdo. O cometa C/2009 P1 (Garradd), permanecerá visible no ceo do norte durante meses e fará a súa aproximaación máis cercana ao Sol en Decembro.

Texto orixinal no APOD.