Herschel examina a Vía Láctea

 
Créditos: ESASPIRE & PACS Consortia
Explicación: cun espello de 3,5 metros de diámetro, meirande có Telescopio Espacial Hubble, o Observatorio Espacial Herschel da ESA explora o Universo en lonxitudes de onda infravermellas. Herschel recebe o seu nome polo astrónomo británico de orixe alemá Frederick William Herschel, quen descubriu a luz infravermella hai uns 200 anos. As sensibles cámaras do Herschel combináronse para publicar esta paixase celeste espectacular mirando cara a constelación da Cruz do Sur. Cuns 2 graos de diámetro, a primeira imaxe no infravermello lonxano, en falsa cor, capta as frías nubes de po da nosa galaxia moi polo miúdo, amosando un destacado labirinto de filamentos conectados e rexións de formación estelar. Semellantes observacións están destinadas a desvelar os misterios da formación estelar explorando amplas área do plano galáctico.

Texto orixinal no APOD.