Nube en rolo sobre Wisconsin


Créditos da imaxe: Pierre cbWikipedia

Explicación: Que tipo de nube é esta? Un tipo de nube arco chamada nube en rolo. Estas raras e grandes nubes poden formarse cerca da cabeceira dos frentes fríos. En particular, unha corrente de aire descendente dun frente tormentoso en avance pode provocar que o aire quente e húmido se eleve, enfriándose por debaixo do seu punto de rocío e, polotanto, formando unha nube. Cando esto acontece uniformemente ao longo dun frente extenso, pode formarse unha nube en rolo. En realidade, as nubes en rolo poden ter aire en circulación por todo o longo eixo horizontal da nube. Pénsase que unha nube en rolo non é quen de mudar en tornado. A diferencia da semellante nube estantería, a nube en rolo está completamente separada da súa nube cumulonimbus matriz. Fotografada enriba, unha nube en rolo exténdese lonxe na distancia mentres unha tormenta achégase en 2007 sobre RacineWisconsin , EEUU.

Texto orixinal no APOD.