Un chorro dende a galaxia M87

 

Créditos da imaxe: J. A. Biretta et al., Hubble Heritage Team (STScI /AURA), NASA

Explicación: Que está a causar o enorme chorro que sae do centro da galaxia M87? Se ben o inusual chorro foi notificado por primeira vez no século vinte, a causa exacta é aínda tema de debate. A fotografía superior tirada polo Telescopio Espacial Hubble en 1998 mostra os detalles moi claramente. A hipótese máis popular afirma que o chorro é creado por gas enerxético que xira en torno a un burato negro no centro da galaxia. O resultado é un soplete de 5.000 anos luz de lonxitude, onde os electróns son exectados a preto da velocidade da luz emitindo unha inquietante luz azul ao longo dunha espiral magnética. M87 é unha galaxia elíptica xigante que se atopa só a 50 millóns de anos luz no Cúmulo de Galaxias de Virgo. Os puntos débiles de luz rodeando o centro de  M87 son grandes e antigos cúmulos globulares de estrelas.

Texto orixinal no APOD.

2 reflexións sobre “Un chorro dende a galaxia M87

  1. El núcleo de M 87 contiene una muy alta cantidad y densidad de estrellas, y su centro es uno de los lugares más violentos conocidos, donde habita un agujero negro miles de veces más masivo que el de la Vía Láctea.
    Me parece pequeña la cifra de 5000 a.l. de longitud para el chorro, comparándolo con el tamaño de esta galaxia gigante.
    Saúdos.

    • Si, relativamente é pequena… pero en termos absolutos é unha enormidade. Sobre todo, pola enorme enerxía que implica.

      Saúdos.

Os comentarios están pechados.