Un chorro dende a galaxia M87

 

Créditos da imaxe: J. A. Biretta et al., Hubble Heritage Team (STScI /AURA), NASA

Explicación: Que está a causar o enorme chorro que sae do centro da galaxia M87? Se ben o inusual chorro foi notificado por primeira vez no século vinte, a causa exacta é aínda tema de debate. A fotografía superior tirada polo Telescopio Espacial Hubble en 1998 mostra os detalles moi claramente. A hipótese máis popular afirma que o chorro é creado por gas enerxético que xira en torno a un burato negro no centro da galaxia. O resultado é un soplete de 5.000 anos luz de lonxitude, onde os electróns son exectados a preto da velocidade da luz emitindo unha inquietante luz azul ao longo dunha espiral magnética. M87 é unha galaxia elíptica xigante que se atopa só a 50 millóns de anos luz no Cúmulo de Galaxias de Virgo. Os puntos débiles de luz rodeando o centro de  M87 son grandes e antigos cúmulos globulares de estrelas.

Texto orixinal no APOD.