Créditos da imaxe: GOES 13 satellite, NASA, NOAAExplicación: como se forma un furacán? Aínda que o cadro completo aínda está a ser investigado, algo de comprensión deste proceso pode chegar a deducirse observando a
película superior en time-lapse da formación do
furacán Irene, un gran sistema tormentoso que actualmente ameaza a
liña costeira leste dos EUA. Comezando como unha
lixeira diferencia de presión visible na forma de nubes anodinas na parte inferior dereita, o furacán Irene móstrase medrando nun gran sistema de tormentas en espiral de baixas presións preto da costa de
Carolina do Sur. Un furacán é alimentado pola auga do océano
que se evapora e, normalmente, gañan forza sobre augas mornas e perden forza sobre terra. Ademais de na Terra, outros planetas teñen sistemas tormentosos como os furacáns, incluíndo
Venus,
Saturno,
Xúpiter,
Urano e
Neptuno. Descoñécense moitas cousas sobre os
furacáns e ciclóns, o que inclúe a ruta exacta que tomarán
.