Unha supernova moza na cercana Galaxia Tarabela


Créditos da imaxe: D. Andrew Howell (LCOGT) et al., Faulkes Telescope NorthLCOGT
Explicación: unha estrela cercana explosionou e os telescopios de todo o mundo vanse turnando para vixiala. A supernova, denominada PTF 11kly, descubriuna un ordenador hai só dous días formando parte da sondaxe celeste Palomar Transit Factory (PTF) empregando o Telescopio Samuel Oschwin gran angular de 1,2 metros en California. A súa pronta recuperación a convirte nunha das supernovas collidas máis cedo trala súa ignición. PTF 11kly aconteceu na fotoxénica  galaxia do Tarabela (M101) que, a só uns 21 millóns de anos luz de distancia, convírtese nunha das supernovas máis achegadas vista en décadas. As rápidas observacións postas en marcha xa deron un claro indicio de que PTF 11kly é unha supernova do Tipo Ia, unha clase de estoupido de anana branca que normalmente progresa dun xeito tan estándar que axudou a calibrar a historia da expansión de todo o universo. Porén, estudiar tan cercano e novo evento de Tipo Ia pode aportar pistas novidosas e únicas. Se os primeiros indicios son correctos, PTF 11kly debería brillar ata unha magnitude visual de 10 nas vindeiras semanas, facendo posible a súa vixilancia incluso con telescopios de tamaño moderado.

Texto orixinal no APOD.