Retrato de NGC 281


Créditos da Imaxe e CopyrightJ-P Metsävainio (Astro Anarchy)
Explicación: mira ao través da nube cósmica catalogada como NGC 281 e é bastante fácil perderes o cúmulo aberto de estrelas IC 1590. Porén, formado no interior da nebulosa, ese cúmulo de estrelas novas e masivas impulsa en última instancia ao omnipresente brillo nebular. As formas chamativas que dominan neste retrato de NGC 281 son columnas esculpidas e densos glóbulos de po vistos de perfil, erosionados polos ventos intensos e potentes maila radiación das estrelas quentes do cúmulo. Se sobreviven tempo abondo, as estruturas poeirentas poderían ben ser lugares de formación de futuras estrelas. Chamada de xeito gracioso Nebulosa Comecocos (N.T.: Pacman no orixinal)  pola súa forma global, NGC 281 atópase a uns 10.000 anos luz de distancia na constelación Cassiopeia. Esta imaxe composta realizouse mediante filtros de banda estreita, pero que combinan a emisión do hidróxeno da nebulosa e dos átomos de xofre e osíxeno nunha paleta de espectro visible. Abarca uns 80 anos luz á distancia estimada de NGC 281.

Texto orixinal no APOD.