Unha nube pileus iridiscente sobre Etiopía


Créditos da Imaxe e Copyright: Esther Havens (Light the World)
Explicación: si, pero cantas nubes escuras teñen un revestimento multicor? Na fotografía, por tras desta nube máis escura, hai unha nube iridiscente de tipo pileus, un grupo de pingas de auga que teñen un tamaño uniformemente similar e por iso, xuntasdifractan cores diferentes da luz solar en cantidades diferentes. A imaxe superior foi realizada xusto despois de que a vista pintoresca fose ollada de casualidade por un fotógrafo en Etiopía. Unha fotografía máis polo miúdo da mesma imaxe amosa non só moitas cores, senón unha escuridade pouco habitual e bandas ondulantes cuxas orixes pénsase que están relacionada coas perturbacións de onda da nube.

Texto orixinal no APOD.