Aurora sobre Groenlandia

Créditos da imaxe: Copyright: Juan Carlos Casado (TWAN)

Explicación: Esta aurora traza un arco de horizonte a horizonte. Durante a actual expedición Shelios para observar e aprender sobre as luces norte o ceo non decepcionou. Despois do solpor e con unha coidadosa planificación fotográfica, foi tomada a imaxe superior dende o campamento da expedición Qaleraliq, no sur de Groenlandia. Se ollamos de frente a través do centro da aurora con detenimento atoparemos o Carro Grande e ao seu redor a constelación da Osa Maior (Ursa Major). O orbe que se olla ao lonxe á dereita é a Lúa, mentres Xúpites pode ser visto aínda más á dereita. A Expedición Sheilos está programada para quedarseata fines de agosto e resta unha retransmisión en directo das auroras desta temporada.

Texto orixinal no APOD.