TrES-2b: Planeta escuro

 

Créditos da ilustración: David A. Aguilar (CfA), TrES, Kepler, NASA

Explicación: Por que este planeta é tan escuro? O planeta TrES-2b devolve reflexada menos dun un por cento da luz que recibe, facéndoo o mais escuro dos planetas ou lúas coñecidos, máis escuro ainda que o carbón. Do tamaño de Xúpiter, TrES-2b orbita extremadamente preto dunha estrela como o noso Sol, a 750 anos luz, e foi descuberto, polo leves eclipses que produce, en 2006, empregando o modesto telescopio de 10 cm da Trans-Atlantic Exoplanet Survey (TrES, Inspección Tranatlántica de Exoplanetas). Este extrano mundo de fóra do Sistema Solar foi só revelado recentemente polo satélite Kepler, situado na órbita terrestre, grazas ás observacións que sinalaban o seu leve resplandor por reflexión. Arriba móstrase un debuxo artístico do planeta, que se completa sen fundamento algún con dúas posibles lúas meramente especulativas. As razóns da escuridade de TrES-2b son todovía descoñecidas e continúan a ser un tema activo de investigación.

Texto orixinal no APOD.