Vesta en Estéreo

Créditos da imaxe: NASAJPL-CaltechUCLA, MPS, DLR, IDA
Explicación: colle os teus lentes vermellos/azuis e sobrevoa 4 Vesta. Vesta, un mundo de 500 quilómetros de diámetro, atópase no cinto principal de asteroides entre Marte e Xúpiter. Este anaglifo estéreo foi construído a partires de dúas imaxes gravadas o 24 de xullo pola cámara da sonda espacial  Dawn, recén chegada, cunha resolución duns 500 metros por píxel. A imaxe en 3D amosa terreo de Vesta acabado de descubrir, incluíndo grandes vales e depresións ecuatoriais e cadeas prominentes de tres cráteres na parte duperior dereita alcumados Snowman. Resaltado no 3D, as caras abruptas de moitos dos cráteres amosan vetas de material brillante e escuro. Naturalmente, a nave espacial, de motor iónico, non se abandonou en Vesta. Tras un ano explorando o asteroide desde a órbita, Dawn ten programada a partida, comezando a súa viaxe ata Ceres.

Texto orixinal no APOD.