Un piar solar sobre Ontario

Créditos da imaxe e Copyright: Rick Stankiewicz (Peterborough Astronomical Association)

Explicación: que é iso do horizonte? Non, non é unha nave estelar alieníxena loitando cos afastados terrícolas, senón máis ben un piar solar. Cando conduces ao través de Ontario (Canadá) a primeiros de xuño, o fotógrafo viuse abraiado polo encontro de semellante visión “inquietante e fermosa” e, inmediatamente, tomou fotografías. Cando o aire atmosférico é frío, ás veces o xeo forma cristais planos de seis caras mentres cae desde as nubes moi elevada. Entón, a resistencia do aire provoca que estes cristais se fagan case planos gran parte do tempo durante o que baixan flotando ao chan. Se miramos cara un Sol amencendo ou poñéndose, estes cristais planos reflictirán a luz solar e crearán una columna de luz pouco habitual; un piar solar como vemos máis arriba. Semellantes columnas de luz non son infrecuentes de ver e unha retrospectiva de APODs do pasado que amosan piares solares pintorescos poden atoparse aquí.

Texto orixinal no APOD.