Shapley 1: unha nebulosa planetaria anular

 
Créditos da imaxe: ESO
Explicación: que ocorre canto unha estrela esgota o combustible nuclear? Para as estrelas cunha masa similar ao noso Sol, o centro condénsase nunha anana branca mentres que as capas atmosféricas externas son expulsadas ao espazo e aparecen en forma de nebulosa planetaria. Esta particular nebulosa planetariafotografada arriba e denominada Shapley 1 polo famoso astrónomo Harlow Shapley, ten unha estructura de anel moi evidente. Aínda que algunhas destas nebulosas seméllanse a planetas no ceo (de aí o seu nome), realmente arrodean estrelas moi lonxe dos límites do noso Sistema Solar.

Texto orixinal no APOD.