Todoterreo chega ao cráter Endeavour en Marte


Créditos da imaxe: Mars Exploration Rover MissionCornellJPLNASA
Explicación: que nos pode dicir o terreo actual do interior e dos arredores do gran cráter Eneavor sobre o antigo Marte? Hai tres anos, NASA enviou un robot do tamaño dunha mesiña denominado Opportunity a unha misión rodante ao través de Meridiani Planum do planeta vermello para averigualo. A pasada semana, chegou ao fin. O amplo cráter Endeavour esténdese 22 quilómetros de beira a beira, sendo así o cráter máis grande nunca antes visitado por un Mars Exploration Rover (MER – Todoterreo de Exploración Marciana). Hai a hipótese de que o impacto que creou o cráter expuso rocha primitiva que posiblemente se formou baixo condicións húmidas e, se foi así, esta rocha pode dar pistas únicas do pasado augacento de Marte. Fotografado arriba, o bordo oeste de Endeavour asoma xusto por diante da sonda Opportunity. O Opportunity ben pode pasar o resto da súa vida operativa explorando o Endeavour, realizando imaxesxirando as súas rodas e furando rochas interesantes.

Texto orixinal no APOD.

2 reflexións sobre “Todoterreo chega ao cráter Endeavour en Marte

    • Disque seica si… xa se verá. Iso parece nalgúns lugares, que a superficie superior é unha especie de “permafrost” como o que hai en Siberia. Tan ao sur, onde está esta sonda, xa me parece máis raro que haxa algo de auga hoxe en día.

      Gústache ou non?: Thumb up 2 Thumb down 0

Os comentarios están pechados.