Tornado e arco da vella sobre Kansas


Créditos da imaxe e CopyrightEric Nguyen (Oklahoma U.), www.mesoscale.ws
Explicación: a escena podería considerarse tranquila se non fose polo tornado. Durante 2002 en Kansas, o afeccionado ás tormentas Eric Nguyen capturou este remuíño en formación nunha luz diferente; a luz dun arco da vella. Fotografo arriba, unha nube branca de tornado descende deste unha nube de tormenta escura. O Sol, que se presinte ao través dun clariño do ceo á esquerda, alumea algúns edificios do primeiro plano. A luz solar refráctase nas pingas de auga para formar un arco da vella. Por casualidade, o tornado semella rematar xusto sobre o arco da vella. As raias da imaxe son de saraiba que se ve varrida polos ventos xirando rapidamente. Uns 1.000 tornados, o tipo de tormente máis violenta coñecida, acontecen na Terra cada ano, moitos na canella dos tornados. Se ves un tornado mentres conduces, non intentes fuxir del; aparca o deu coche de xeito seguro, vai ata un refuxio de tormentas ou acobíllate baiso a escada dun soto.

Texto orixinal no APOD.