Castelo e meteoro no luar


Créditos da imaxe e CopyrightTamas Ladanyi (TWAN)
Explicación: cada agosto, mentres o planeta Terra vira ao través do po que deixou atrás ao longo da súa órbita o cometa periódico Swift-Tuttle, os observadores do ceo gozan da Chuvia dos Meteoros das Perseidas. Mentres a Terra se move ao través da parte máis densa da ampla estela de po do cometa,  a chuvia deste ano chega ao seu pico ao redor das 6:00 TU do 13 de agosto (esta mañá), cando a luz da Lúa case chea enmascara todas as estelas dos meteoros agás as máis brillantes. Aínda así, os meteoros das perseidas poden descubrirse nos días ao redor do máximo. O luar e un meteoro das perseidas crearon esta marabillosa paisaxe espacial, gravada nunha simple e única exposición longa de 10 segundos na mañá do 12 de agosto. Por baixo das nubes iluminadas pola Lúa, en primeiro plano, están as ruínas dun castelo medieval preto de Veszprem (Hungría), observado contra a cordilleira Bakony. No ceo nocturno por riba das nubes, a estela do meteoro das perseidas únese co planeta brillante Xúpiter preto do centro do fotograma xunto co encantador cúmulo estelar das Pléiades á esquerda.

Texto orixinal no APOD.

7 reflexións sobre “Castelo e meteoro no luar

  1. Anoche no quedaba otra alternativa… rendirse al “enemigo” disfrutando de una preciosa noche de Luna llena entre pequeñas nubes y siluetas de montes iluminados por su intensa luz, pero cuando llegó la hora de irnos un meteoro muy potente apareció triunfante y nos recordó que esa noche había lluvia de estrellas.

    Saúdos

    • Como consolo, as leónidas serán excelentes, non? Caen en decembro, e acostuman a alternar o estado da Lúa coas perseidas.

      Eu xa vira algún meteoro hai algo máis dunha semana, os “adiantados ao seu tempo”.

  2. Unha das curiosidades ao traducir do inglés a lenguas diferentes é a existencia ou non de termos equivalentes. Nesta páxina galega, contamos con “luar”, como equivalente ao “moonlight” anglo. Na versión en castelán, había q”ue incluír expresións como “luz/resplandor de la Luna”. A pega era cando de seguido os autores dos textos clavavan un “moonlit” e empezaban as repeticións de termos.

    Por certo, hai moito tempo lera que a palabra luar tamén tiña como acepción “claro no bosque iluminado pola luz da Lúa”. Pero nos meus diccionarios actuais non me aparece. Alguén ten algunha diferencia?

    Graciñas.

    • Hola. Otra opción y más poética sería -claro de luna-, es decir -bañado por la luz de la luna-. Esto enlazaría el concepto del claro en el bosque iluminado por la luz de la Luna doblemente: la luz de la Luna llena un claro del bosque pues al no haber árboles, imagino que el bosque es denso y frondoso, lo ilumina con su claridad más el claro de la Luna, la luz de la luna misma que da luz y baña la oscuridad de la noche…;) Y para acompañar esta bonita estampa os dejo este enlace. Saúdos.

      http://youtu.be/q3Bz0mAohkM

      P.D.- A ver si hoy puedo ver el cielo, parece que si. Ayer una gran tormenta impidió todo tipo de acción.

  3. Oe, un asunto distinto, cambiaches a configuración para que non aparezan as imaxes no RSS. Sigo o blog dende o Google Reader e agora só aparece o texto, teño que ir á entrada completa para ver a imaxe. Por certo, séguenme a gustar moito tódalas entradas!. Saúdos

    • Pois non. Polo menos de xeito consciente. Estiven toqueteando a orde dos artigos e facendo probas. Pero non fixen tal. Bótolle un ollo, a ver se atopo algo.

Os comentarios están pechados.