Castelo e meteoro no luar


Créditos da imaxe e CopyrightTamas Ladanyi (TWAN)
Explicación: cada agosto, mentres o planeta Terra vira ao través do po que deixou atrás ao longo da súa órbita o cometa periódico Swift-Tuttle, os observadores do ceo gozan da Chuvia dos Meteoros das Perseidas. Mentres a Terra se move ao través da parte máis densa da ampla estela de po do cometa,  a chuvia deste ano chega ao seu pico ao redor das 6:00 TU do 13 de agosto (esta mañá), cando a luz da Lúa case chea enmascara todas as estelas dos meteoros agás as máis brillantes. Aínda así, os meteoros das perseidas poden descubrirse nos días ao redor do máximo. O luar e un meteoro das perseidas crearon esta marabillosa paisaxe espacial, gravada nunha simple e única exposición longa de 10 segundos na mañá do 12 de agosto. Por baixo das nubes iluminadas pola Lúa, en primeiro plano, están as ruínas dun castelo medieval preto de Veszprem (Hungría), observado contra a cordilleira Bakony. No ceo nocturno por riba das nubes, a estela do meteoro das perseidas únese co planeta brillante Xúpiter preto do centro do fotograma xunto co encantador cúmulo estelar das Pléiades á esquerda.

Texto orixinal no APOD.