As neves de Paranal


Créditos da imaxe e Copyright: Yuri Beletsky (ESO)
Explicación: tomada esta semana, este retrato do mencer da montaña nevada e o ceo estrelecido capta un escenario moi raro. A imaxe resalta un prístino ceo por riba dos 2.600 metros da alta montaña de Cerro Paranal, pero os ceos claros sobre Paranal non son en absoluto estraños. Esa é unha das razóns polas que a montaña é o fogar do VLT-Telescopio Moi Grande do ESO-Observatorio Europeo Meridional. Tendo en conta o número de satélites agora en órbita, as trazas preto da saída do Sol dun satélite brillando na parte esquerda superior non é tan raro. E a estela longa e brillante dun meteoro pode ser tamén a miúdo atopada nestes momentos do ano. a do extremo dereito asóciase coa chuvia anual dos meteoros das Perseidas, cun pico agardado para mañá (venres, 12 de agosto). De feito, o aspecto máis raro da imaxe é precisamente a neve. Cerro Paranal érguese sobre o deserto Atacama de América do Sur, coñecido como o lugar máis seco do planeta Terra.

Texto orixinal no APOD.