Dispárase o Juno cara Xúpiter


Créditos do vídeo: NASA
Explicación: próxima estación: Xúpiter. A semana pasada incluía un deses poucos momentos da historia nos que a humanidade enviou algo ao exterior da Terra, movéndose tan rápido que nunca voltará.  Ou case; a  traxectoria planeada para Juno realmente a traerá de regreso a casa  nuns dous anos, nun movemento rápido, esta vez usando a gravidade da Terra para tirar del a unha velocidade aínda máis alta, o suficiente veloz para acadar Xúpiter. O vídeo superior representa o despeque de Juno a bordo do cohete Atlas V. Cando a nave espacial robótica Juno chegue a Xúpiter en 2016, pasará aproximadamente un ano orbitando o planeta máis grande do Sistema Solar, empregando o seu único cadro de instrumentos para investigar o planeta, enviándonos pistas da súa estrutura e orixe. Despois Juno recibirá instrucións para mergullarse na densa atmosfera do xigante xoviano, tomando tantos datos como poida antes de que se afunda.

Texto orixinal no APOD.