Raias escuras estacionais en Marte

Créditos da imaxe: HiRISE, MRO, LPL (U. Arizona), NASA

Explicación: Qué esta causando esas liñas escuras en Marte? Unha das principais hipóteses é o fluxo e rápida evaporación de auga. As vetas, visibles en marrón escuro preto do centro da imaxe aparecen na primaveira e o verán marcianos, pero desvanécense nos meses de inverno, reaparecendo soamente no seguinte verán. Estas non son as primeiras pegadas en Marte que son interpretadas como unha mostra dos efectos de auga fluíndo, pero si son as primeiras que dan indicios dunha dependencia estacional. A imaxe superior, tirada en maio, conbina dixitalmente varias imaxes procedentes do instrumento HiRISE da Mars Reconnaissance Orbiter (MRO). A imaxe, que ten a cor millorada, mostra unha ladeira dentro do cráter Newton nunha rexión do centro-sur de Marte. As vetas reforzan a evidencia de que existe auga baixo a superficie marciana en varios lugares, e reforza as especulacións de que podería albergar algún tipo de vida dependente da auga. Observacións futuras coas naves robóticas que orbitan Marte, como a MRO, a Mars Express, e a Mars Odyssey continuarán esculcando a situación e posiblemente confirmen ou refuten a excitante hipótese dos regueiros de auga.