MyCn18: unha nebulosa planetaria como un reloxo de area

Créditos da imaxe: R. Sahai and J. Trauger (JPL), WFPC2, HST, NASA

Explicación: As areas do tempo están esgotando a estrela central desta nebulosa planetaria en forma de reloxo de area. Co seu combustible nuclear exhausto, a espectacular e breve fase final da vida dunha estrela do mesmo tipo que o Sol acontece cando as súas capas exteriores son exectadas,  convertíndose o seu núcleo nunha anana branca. En 1995 os astrónomos empregaron o Telescopio Espacial Hubble (HST) para tomar unha serie de imaxes da nebulosa planetaria, entre as que está a fotografía superior. Nela, delicados aneis de gas coloreado (nitróxeno-vermello, hidróxeno-verde, e oxíxeno-azul) delinean as tenues paredes da ampola do reloxo de area. A nitidez sen precedentes das imaxes do HST revelan sorprendentes detalles  do proceso de exección da nebulosa que está axudando a relover misterios pendentes sobor das complexas formas e simetrías das nebulosas planetarias.