Unha poeirenta Nebulosa Iris

Créditos da imaxe e CopyrightMáximo Ruiz
Explicación: estas nubes de po interestelar e gas floreceron a 1.300 millóns de anos luz de distancia nos fértiles campos estelares da constelación Cefeo. Denominada ás veces Nebulosa Iris e catalogada sumisamente como NGC 7023, nón e a única nebulosa do ceo que evoca as imaxes das flores. Ao seu redor, as nubes escuras de po e gas molecular frío tamén amosan e poden suxerir outras formas intrincadas e fantásticas. No interior da Iris, o material nebular polvoriento rodea unha estrela nova e quente. A cor dominante da nebulosa de reflexión máis brillante é azul, característico dos grans de po que reflicten a luz estelar. Os filamentos centrais de pó cósmico brillan cunha fotoluminiscencia colorada tenue mentres algúns grans de po convirten de forma efectiva a radiación ultravioleta invisible das estrelas en luz visible vermella. As observacións en infravermello indican que esta nebulosa pode conter moléculas complexas de carbono coñecidas como PAHs. Á distancia estimada para a Nebulosa Iris, este estupendo campo de vista ten uns 30 anos luz de diámetro

.