As galaxias do Triplete de Leo desde o VST

 
Créditos da imaxe: ESOINAF-VSTOmegaCAM;
Agradecementos: OmegaCenAstro-WISEKapteyn I.
Explicación: este grupo popular é famoso como o Triplete de Leo; unha xuntanza de tres galaxias magníficas nun só campo de vista. Do agrado xeral cando se observa incluso con telescopios modestos, estas galaxias poden presentarse individualmente como NGC 3628 (á esquerda), M66 (abaixo á dereita) e M65 (arriba á dereita). As tres son grandes galaxias espirais. Tenden a parecer diferentes debido a que os seus discos galácticos inclínanse con diferentes ángulos da nosa liña de visión. NGC 3628 vémola de canto, cos seus corredores escuros de po cortando ao través do plano galáctico, mentres que os discos de M66 e M65 están ámbolos dous inclinados o suficiente para fachendear da súa estrutura espiral. As interacción gravitacionais entre as galaxias do grupo tamén deixan signos reveladores, coma o disco combado e inflado de NGC 3628 e as interminables brazos espirais de M66. Esta espectacular imaxe profunda da zona foi realizada co novo Telescopio de Sondaxes VLT (VST) e abarca máis ou menos un grao (dús lúas cheas) do ceo. O campo cobre uns 500 miles de anos luz na distancia estimada do trío de 30 millóns de anos luz.

Texto orixinal no APOD.