Imaxe ao completo do asteroide Vesta

Créditos de la imagen: NASAJPL-CaltechUCLA, MPS, DLR, IDA
Explicación: por que a metade setentrional do asteroide Vesta se atopa máis chea de cráteres que a do sur? Non se sabe con certeza. Este inesperado misterio veu a luz só nas últimas semanas desde que a misión robótica Dawn se convertiu na primeira sonda espacial en orbitar o segundo obxecto máis grande do cinto de asteroides entre Marte e Xúpiter. A metade setentrional de Vesta, observada na parte superior esquerda da imaxe superior, parece amosar un dos lugares con máis cráteres do Sistema Solar, mentres que a metade meridional é estrañamente suave. Tamén se descoñece a orixe das fendas que rodean o asteroide preto do seu ecuador, particularmente visibles nesta película da rotación de Vesta, nin a natureza das listas escuras que delimitan algúns dos cráteres de Vesta, por exemplo o cráter xusto por riba do centro da imaxe. Mentres Dawn baixa en espiral cara Vesta durante os vindeiros meses, algunhas preguntas emerxen, así como fotografías en cor de maior resolución. O estudo de Vesta, de 500 km de diámetro, está a aportar pistas sobre a súa historia e os primeiros anos do noso Sistema Solar.

Texto orixinal no APOD.