Un relato dos dous hemisferios

 

(premer na imaxe para ampliar)

Créditos da imaxe e Copyright: Tunç Tezel e Stéphane Guisard (TWAN)

Explicación: A procura dos ceos nocturnos máis escuros do planeta Terra conduciron a esta fascinante vista. Na proxección,  unha composición fotográfica esmaga o horizonte visible entre os dous hemisferios da Galaxia Vía Láctea con dúas imaxes do ceo completo tiradas dende a illa canaria de Palma no hemisferio norte (metade superior) e o alto do deserto de Atacama no sur. A elección do lugar polos fotógrafos ofrece ceos escuros como os gozados polo Roque de los Muchachos do observatorio de Las Palmas e o Observatorio do Paranal, en Chile. Tamén permitiu que os polos norte e sur da Vía Láctea puideran situarse cerca do cénit local. Iso permitiu situar o feble e difuso brillo do plano da Vía Láctea no horizonte montañoso. O resultado foi que unha banda de luz en forma de S ainda máis feble (a luz do Sol dispersada polo po ao longo do plano da eclíptica do sistema solar) poida seguirse na súa totalidade ao través do ceo nocturno de ambos os dous hemisferios, norte e sur.

Texto orixinal no APOD.