Entrada do Cometa Garradd

 
Créditos da imaxe e Copyright: John Chumack (Galactic Images)
Explicación: outra gran bola de xeo cae cara o Sol. O Cometa Garradd descubriuse hai dous anos por Gordon Garradd en Australia e, actualmente, é visible ao través dun pequeno telescopio na magnitude visual nove. Denominado oficialmente C/2009 P1 (Garradd), probablemente o cometa continuará a facerse máis brillante, con proxeccións recentes que o sitúan nunha magnitude máxima de seis ou sete en febreiro de 2012, xusto por baixo da visibilidade ao ollo nu. O Cometa Garradd xa amosa unha pequena cola e obsérvase como unha mancha difusa e alongada na imaxe superior en negativo, tirada a comezos deste mes desde Yellow Springs en Ohio (EUA). Outros cometas tamén están caendo na actualidade cara o Sistema Solar interno e facéndose máis brillantes á súa vez, como o C/2010 X1 (Elenin), do que se agarda un máximo de magnitude preto do seis a primeiros de setembro, 45P/Honda-Mrkos-Pajdusakova cun máximo agardado por riba do oito a mediados de agosto, e C/2011 L4 (PANSTARRS) que poida que se faga visible a simple vista durante os primeiros meses de 2013.

Texto orixinal no APOD.