A galaxia NGC 474: un batedor cósmico

Créditos da imaxe e copyright: P.-A. Duc (CEA, CFHT)

Explicación: Qué está a ocorrer a galaxia NGC 474? As múltiples capas de emisión semellan estrañamente complexas e inesperadas, dada a apariencia da galaxia elíptica, sen aparentes rasgos distintivos, que se olla nas imaxes menos profundos. A causa desas formas é actualmente descoñecida, pero posiblemente as colas de marea están relacionadas con restos sobrantes da absorción de pequenas galaxias nos últimos 100.000 anos. Ou ben as formas en forma cuncha poderían ser como as ondas dunha lagoa, onde a actual colisión coa galaxia NGC 474, xusto enriba, está causando ondas de densidade que se entrelazan co xigante galáctico. Independentemente da causa real, a imaxe superior destaca de xeito espectacular o crecente consenso de que algunhas galaxias elípticas formáronse nun pasado recente, e que o halo das galaxias mais grandes non é realmente tranquilo, senon que mais ben ten complexidades inducidas polas frecuentes interaccións e acrecións das pequenas galacias cercanas. O halo da nosa propia Galaxia Vía Láctea é un exemplo desa complexidade inesperada. NGC 474 exténdese por uns 250,000 anos luz e dista preto de 100 millóns de anos luz, en dirección á constelación do Peixe (Pisces).

Texto orixinal no APOD.