A Vía Láctea sobre fornos abandonados

 

Créditos da imaxe: Tom McEwan

Explicación: Qué é o que hai baixo a Vía Láctea? Son fornos históricos. Construídos na década dos 70 do século XIX na Nevada rural, en Estado Unidos, para procesar o carbón vexetal local, foron pronto abandoados por causa dun incendio na cidade e dunha inundación, pero permanecen en bo estado ata hoxe. A vista superior é unha mixtura de cinco imaxes dixitais tomadas illadamente a principios de xuño do mesmo lugar. Sobre os inusuais fornos é visible un colorido campo de estrelas, destacando a banda central da nosa Galaxia Vía Láctea, que aparece formando unha diagonal cara o ángulo inferior dereito. Aprécianse moitos lugares ben coñecidos da nosa Galaxia, incluída a Nebulosa da Pipa e o Río Escuro de Antarés, visible á dreita da Vía Láctea. A causa da brétema verde na zona inferior esquerda non ten explicación actualmente.

Texto orixinal no APOD.