Voo do Helios


 

Créditos da imaxe: Carla Thomas, cortesía de DFRCNASA

Explicación: un exemplo da enerxía solar aplicada ao voo, o avión Helios da NASA voou preto de cen anos despois do histórico voo dos irmáns Wright, o 17 de decembro de 1903. Fotografado aquí a 3.000 metros no ceo do noroeste de KauaiHawaii, nos Estados Unidos, en agosto de  2001, o Helios, pilotado de xeito remoto, está viaxando a preto de 40 kilómetros por hora. Esencialmente un á ultralixeira con 14 motores eléctricos, o avión está construído por AeroVironment Inc. Cuberto por células solares, os impresionantes 247 pés de Helios superan a envergadura da á, e mesmo a lonxitude, dun Boeing 747 comercial. Elevándose durante as horas diurnas, o prototipo de avión chegou finalmente a unha altitude de pouco menos de 30.000 metros, rompendo o récord de voos sen motorización a base de cohetes. Helios foi concibido como unha demostración tecnolóxica, pero na delgada capa de aire dos 30.000 metros sobre a superficie da Terra, o voo do Helios aproxímase ás condicións de voo con ás na atmósfera de Marte.

Texto orixinal no APOD.