NGC 2403 en Camelopardalis

Créditos: Datos da imaxen Data: Subaru Telescope (NAOJ), Hubble Legacy Archive Procesamento: Robert Gendler

Explicación: A magnífica illa do universo NGC 2403 atópase dentro dos límites da constelación do longo pescozo, Camelopardalis.  A preto de 10 millóns de anos-luz de distancia e con ao redor de 50.000 millóns de anos-luz de envergadura, a galaxia espiral tamén parece ter máis que a súa parte proporcional de rexións xigantes HII de formación estelar, indicadas polo revelador brillo encarnado do gas hidróxeno atómico. De feito, de preto NGC 2403 aseméllase a outra galaixa cunha chea de zonas de formación estelas que se atopa no noso propio grupo local de galaxias, M33 a Galaxia do Triángulo. Naturalmente, as explosións de supernova son a consecuencia directa da formación de estrelas masivas e de curta vida e, en 2004, unha das supernovas máis brillantes descuberta nos últimas tempos atopouse en NGC 2403. Fácil de confundir cunha estrela do primeiro plano da nosa propia Galaxia da Vía Láctea, a potente supernova obsérvase aquí como a “estrela” brillante e con puntas no límite esquerdo do campo. Este fantástico retrato cósmico é unha composición de datos de imaxes espaciais e desde a Terra do Hubble Legacy Archive e to Telescopio Subaru de 8,2 metros no cumio de Mauna Kea (Hawaii).

Texto orixinal no APOD.