P4 en Plutón

Créditos: NASA, ESA, Mark Showalter (SETI Institute)

Explicación: Nix e Hydra foron coñecidos por primeira vez polos humanos grazas ás imaxes do Telescopio Espacial Hubble desde maio de 2005, como as segunda e terceira lúa coñecida de Plutón. Agora as imaxes do Hubble revelaron un cuarto satélite para o planeta anano e xelado. Denominada provisoriamente P4, completa unha órbita a Plutón nuns 31 días. A lúa coñecida de Plutón máis pequena e tenue na actualidade, estímase que P4 ten entre 13 e 34 quilómetros de diámetro. O satélite recén descuberto foi visto por primeira vez nas observacións do Hubble do 28 de xuño e, máis tarde, confirmadas nun seguemento o 3 e o 18 de xullo. Estes dous recadros son composicións de curta e longa exposición que inclúen ao máis brillante Plutón xunto coa lúa máis grande, Caronte. Tamén se amosan o ruído da cámara e os artefactos da imaxe nos segmentos de longa exposición. As observación do Hubble fixéronse mentres se andaba a buscar aneis febles ao redor do lonxano mundo en apoio da misión New Horizons da NASA, previsto que sobrevoe o sistema de Plutón en 2015.

Texto orixinal no APOD.