Nubes noctilucentes sobre Edmonton

Créditos da imaxe: Greg Scratchley (RASC Edmonton)

Explicación: ás veces é noite no chan pero día no aire. Mentres a Terra rota para eclipsar o Sol, o solpor elévase desde a superficie. Por tanto, no solpor sobre o chan, a luz solar aínda brilla sobre as nubes de riba. Baixo circunstancias estrañas, un fermoso crepúsculo podería verse, pero raras nubes noctilucentes flotan tan altas que poder verse ben tralo anoitecer. Normalmente demasiado escuras para seren vistas, poden facerse visibles no solpor a finais do verán cando son iluminadas pola luz solar por debaixo. As nubes noctilucentes son as nubes máis altas coñecidas e pénsase que forman parte das nubes mesosféricas polares. Na fotografía superior de principios deste mes, unha rede de nubes noctilucentes proxecta un arrepiante brillo branco tralo serán, por riba da cidade de Edmonton en Alberta (Canadá). Moitas das nubes noctilucentes foron descubertas só durante os anos recentes, mentres que a razón da súa formación e evolución segue a ser un tema activo de investigación.