Vista de Vesta


Créditos da imaxe: NASA, JPL-Caltech, UCLA, MPS, DLR, IDA

Explicación: A que se asemella a superficie de Vesta? Xamais fora visto tan polo miúdo o máis brillante asteroide do Sistema Solar e o obxecto que suma preto do 10% da masa total do cinto principal de asteroides. Nas últimas semanas a sonda robótica Dawn convertiuse na primeira nave en aproximarse a Vesta. Uns cantos días antes, xusto antes de acadar a súa órbita, a sonda Dawn tirou a imaxe superior. As primeiras imaxes mostran a Vesta como un mundo vello e batido, cuberto de cráteres, saíntes, rañuras e cantís. Estudar Vesta podería fornecernos de pistas sobre os anos de formación do noso Sistema Solar máis primixenio, sendo como é un dos maiores protoplanetas que quedan. Pasado un ano de estudo de Vesta, Dawn está programada para deixar a súa órbita e, en 2015, aproximarse ao único obxecto aínda máis grande do cinto de asteroides: Ceres.

Texto orixinal no APOD.