Un paseo espacial ocupado na Estación Espacial


Tripulación 28 da ISSTripulación STS-135NASA
 

Explicación: que anda a facer ese astronauta? Descargando un transbordador espacial, por derradeira vez. Despois de que o transbordador espacial Atlantis se acoplase Mike Fossum experimentou unha longa camiñada espacial que incluíu o transporte do material dunha Robotics Refueling Mission (RRM ou Misión de Repostaxe Robótico) desde a adega do Atlantis deica a plataforma empregada polo famoso robot DEXTRE da estación espacial. Na Terra, a caixa do RRM tería o peso dunhas tres persoas e sería moito máis difícil de transportar. No extremo esquerdo da fotografía superiorDEXTRE prepárase para axudar a mover unha bomba espacial estragada de volta ao Atlantis. Por tras do astronauta está visible o Módulo Experimental Kibo da estación espacial. O ansiado voo de volta final do transbordador está programado actualmente para as 5:56 A. M. EDT (N.T.: hora do leste) do xoves, 21 de xullo.

 

Concurso: Cantas bandeiras aparecen, polo menos en parte, na imaxe superior?