O desafío Lewin: 360 graos de pegada estelar

Créditos da imaxe e copyright: Peter Wienerroither (Universidade de Viena)

Explicación: ti poderías ser a primeria persoa que tirara unha imaxe tomada nunha única exposición como esta. A imaxe superior, procedente de Viena (Austria), non é real, no sentido de que os 360 graos de pegada das estrelas no ceo óllanse só grazas a un truco dixital. As estrelas reais observadas sobre Viena nunca poderían facer o percorrido de 360 posto que o Sol sairía nalgún momento durante a exposición fotográfica e dominaría a escena. A pegada das estrelas, sexa cal sexa a súa lonxitude, ocorre porque e Terra xira sobre o seu eixo e o ceo semella virar ao noso redor. Ese movemento, chamado movemento diurno, produce os fermosos arcos concéntricos trazados polas estrelas durante unha longa exposición. Preto do centro da fotografía deformada dixitalmente está o Polo Norte Celeste (PNC), identificable de xeito doado como o punto no ceo que é o centro de tódolos arcos descritos polas estrelas. A Polaris, comunmente coñecida como Estrela Polar, descrebe un pequeno círculo brillante preto do PNC. Walter Lewin propuxo a APOD un reto para os astrofotógrafos: crear a imaxe dun ceo nocturno despexado cunha pegada de 360 graos de arco estelar mediante unha única exposición. Por suposto, tal imaxe só sería posible preto dos polos no noso planeta, xa que só alí se pode dispor dun percorrido nocturno de máis de 24 horas.

 Texto orixinal no APOD.