Noite estrelada sobre Dubai

See Explanation. Moving the cursor over the image will bring up an annotated version. Clicking on the image will bring up the highest resolution version available.

Créditos da imaxe e copyright: Babak Tafreshi (TWAN)

Explicación:  Unha noite estrelada sobre a cidade de Dubai, nos Emiratos Árabes Unidos, non é realmente moi estrelada. De feito, a Lúa é a única luminaria celeste que é quen de competir coas luces da cidade nesta panorámica do ceo nocturno, unha situación ben familiar para os observadores do ceo urbano. Esta escea futurista está dominada polos 800 metros de altura da Khalifa Tower, actualmente a estructura libre mais elevada da Terra. Mais tamén estás en condicións de distinguir algunhas das estrelas máis brillantes do ceo nocturno tal e como se ollan dende a Terra. Capella atópase á dereita da torre e Aldebarán, Betelgeuse e Rigel, e as estrelas do Cinturón de Orión pódense identificar na intensa contaminación lumínica do ceo. Precisas de axuda para atopalas? Esvara o cursor sobre a imaxe, ou consúltao na páxina orixinal.

 Texto orixinal no APOD.