NGC 3314: cando se superpoñen as galaxias

Créditos: Hubble Legacy ArchiveESANASAProcesado – Martin Pugh
Explicación: NGC 3314, realmente, son dúas grandes galaxias espirais coa fortuna de case estar exactamente aliñadas. A espiral do primeiro plano ollámola case de fronte, a súa forma de viraventos definida por cúmulos de estrelas novas e brillantes. Pero contra o brillo da galaxia do fondo, os corredores escuros en remuíño de po interestelar parecen dominar a estructura espiral dianteira. Os corredores de po dominan de forma sorprendente, e esta destacada parella de galaxias que se superpoñen é un do pequeno número de sistemas nos que a absorción da luz desde máis alá das propias estrelas da galaxia pode ser empregado para explorar de xeito directo a distribución do seu po. NGC 3314 está a uns 140 millóns de anos luz (galaxia en segundo plano) e 117 millóns de anos luz (galaxia en primeiro plano) de distancia na constelación multicéfala da Hidra. A galaxia do fondo abarcaría case 70.000 anos luz á súa distancia estimada. Creouse unha terceira canle sintética para formar esta estupenda nova composición das galaxias superpostas a partires dos datos de dúas imaxes en cor do Hubble Legacy Archive (Archivo do Legado do Hubble).

Texto orixinal no APOD.