Neptuno: a primeira volta

Créditos: NASA, ESA, Hubble Heritage Team (STScI / AURA)

Explicación: Neptuno rota unha vez sobre o seu eixo nunhas 16 horas. Por iso, estas 4 imaxes separadas 4 horas entre elas do xigante gaseoso máis afastado do sistema solar cobre un día de Neptuno. Captadas polo Telescopio Espacial Hubble no pasado xuño combinan exposicións realizadas con filtros no visible e infravermello cercano para amosar nubes de elevada altitude compostas de cristais de xeo de metano contra as nubes superiores normalmente altas. Debido a que o eixo de rotación de Neptuno está inclinado respecto do seu plano orbital 29 graos, comparados cos 23,5 graos da Terra, Neptuno experimenta estacións análogas as terrestres. Mentres o comezo do verán chega ao hemisferio meridional de Neptuno e o inverno ao norte, as observacións do Hubble amosaron actividade de nubes cambiantes no hemisferio setentrional. De feito, o avance das estacións de Neptuno produciuse unha soa ves desde que se prediciu a súa posición polo matemático francés Urbain Le Verrier e o matemático británico John Couch Adams, e o planeta, por tanto, descuberto polo astrónomo alemán Johann Galle o 23 de setembro de 1846. Cun periodo orbital duns 165 anos, o 12 de xullo desta semana, Neptuno completou unha volta ao redor do Sol desde a data do seu descubrimento.

Texto orixinal no APOD.