A derradeira aproximación do Atlantis

See Explanation.  Clicking on the picture will download the highest resolution version available.

Imaxe a créditos: ISS Expedition 28 Crew, NASA

Explicación: O transbordador espacial estadounidense aproximouse por derradeira vez á Estación Espacial Internacional (ISS). Tralo espectacular lanzamento dende Cabo Cañaveral da semana pasada, presenciado por unha audiencia estimada de un millón de persoas, o Transbordador Espacial Atlantis, na súa misión STS-135, levou unha pequena tripulación para un encontro de benvida coa estación orbital hai tres días. Ainda que a NASA decidiu retirar a envellecida flota de transbordadores, os seus astronautas poderán visitar a ISS no futuro grazas aos vóos espaciais rusos. Fotografado arriba, o Atlantis acércase á ISS coa portas do compartimento de carga abertas, mostrando o brillo metálico do módulo multipropósito Raffaello. Máis de 200 kilómetros por baixo atópanse as frías augas azuis do planeta Terra. O esperado planeo de volta á Terra está previsto para o vindeiro xoves 21 de xullo.

Texto orixinal no APOD.