Supercúmulo de galaxias de Perseo


Imaxe e Copyright: Bob Franke

Explicación: Aquí está un dos maiores obxectos que ninguén vira xamais no ceo. Cada unha desea manchas borrosas  é unha galaxia, e entre todas compoñen o Supercúmulo de Perseo, unha das  agrupacións de galaxias máis cercanas. O cúmulo óllase a través dun fondo de estrelas débiles da nosa propia galaxia Vía Láctea. Preto do centro do aglomerado, a uns 250 millóns de anos luz, está o cúmulo galáctico dominante NGC 1275, a galaxia máis grande da imaxe superior, á esquerda. Unha prodixiosa fonte de raios X e emisións de radio, NGC 1275 fai acreción da materia co gas e as galaxias que caen nel. O cúmulo de galaxias, tamén catalogado como Abell 426, forma parte do Supercúmulo Piscis-Perseo, abrangue máis de 15 graos e contén máis de 1.000 galaxias. Dende a distancia de NGC 1275, esta vista abrangue cerca de 15 millóns de anos luz.

Texto orixinal no APOD.