Unha eclipse total sobre Taxiquistán

[vimeo clip_id=25808333 width=600 height=337]

Créditos e copyright da imaxe: Jean-Luc Dauvergne (Ciel et Espace); Música: Valère Leroy & Sophie Huet (Space-Music)

Explicación: Que ollarías se a Lúa se apagara de súpeto? A resposta foi gravada en Taxiquistán nun espectacular vídeo en time-lapse durante unha eclipse total de Lúa o pasado mes . No transcurso dunha eclipse total de Lúa a Terra móvese entre a Lúa e o Sol, facendo que a Lúa oscureza de xeito espectacular. A Lúa nunca acada a escuridade completa, xa que a atmosfera terrestre refracta algunha luz. Tal e como comeza o vídeo superior a escena podería semellar o momento dun día baixo o Sol pero realmente é noite de luar. Tan pronto como a Lúa resulta eclipsada e escurece o vento amaina e o fondo de estrelas pode verse reflectido no lago de diante. Aínda máis espectacularmente, o ceo circundante á Lúa eclipsada semella de súpeto estar inzado de estrelas e altamente iluminado polo concorrido plano da Vía Láctea. A secuencia repítese dende unha ollada máis achegada e a imaxe final mostra a ubicación da Lúa Eclipsada preto das nebulosas de Aguia, de Cisne, de Trídida e da Lagoa. Preto de dúas horas despois do comezo da eclipse a Lúa emerxe da sombra da Terra e o seu brillo cegador domina o ceo de novo.

Texto orixinal no APOD.