Unha franxa da Vía Láctea


Créditos e Copyright: John P. Gleason, Celestial Images

Explicación: A maioría das estrelas brillantes da nosa Vía Láctea atópanse nun disco. Por estaren tamén o noso Sol nese disco esas estrelas semellan unha franxa difusa que circunda o ceo. O panorama superior da franxa norte do disco da Vía Láctea atinxe 90 graos e é un mosaico creado dixitalmente a partir de varias exposicións fotográficas independentes. Prema na imaxe para ampliala e contemplar polo miúdo esta espectacular fotografía. Son visibles moitas estrelas brillante,franxas de po escuro, nebulosas de emisión vermellas, nebulosas de reflexión azuis, e cúmulos estelares. Alén da materia toda que podemos ver, os astrónomos sospeitan que existe aínda mais materia escura que non podemos ver.

Texto orixinal no APOD.