Atlantis reflexado

Créditos da imaxe: NASA, Bill Ingalls

Explicación: O transbordador espacial orbital Atlantis deixou o planeta Terra o venres 8 de xullo para embarcarse na misión STS-135 da Estación Espacial Internacional. O trascendental lanzamento foi o derradeiro da NASA tras 30 anos de funcionamento do programa de transbordadores espaciais, que comenzou co lanzamento da primeira nave reutilizable o 12 de abril de 1981. Esta imaxe especular do prelanzamento tomada o 7 de xullo o Atlantis mostra unha estampa xa familiar, na plataforma de despegue 39A do Centro Espacial Kennedy na noitiña, na plataforma da Estructura de Servizo. As históricas viaxes do Atlantis inclúen misións de servicio do Telescopio Espacial Hubble, o despregamento das sondas Magallanes, Galileo e o Observatorio Compton de Raios Gamma e oito viaxes á Estación Espacial MIR rusa. Programada para atracar outra vez na Estación Espacial Internacional o domingo, o Atlantis fai agora a súa trixésimo terceira e última viaxe orbital.

Texto orixinal no APOD.