Arp 78: estraña galaxia en Aries


Crédito da imaxe e Copyright: Stephen Leshin

Explicación: peculiar galaxia espiral Arp 78 atópase nos límites da cabeza da forte constelación Aries, a uns 100 millóns de anos luz máis alá das estrelas e nebulosas da nosa galaxia Vía Láctea. Tamén denominada como NGC 772, o universo illa ten uns 100 mil anos luz de diámetro e loce un único e prominenta brazo espiral más exterior neste detallado retrato cósmico. A súa galaxia compañeira máis brillante, a compacta NGC 770, está cara a parte superior dereita da espiral máis grande. A aparencia elípitica e difusa contrasta moi ben cun telón de fondo de estrelas con puntas en tons amarelos a xogo. Seguindo ao longo dos corredores de po e perfilados con cúmulos de estrelas azuis novas, o gran brazo espiral de Arp 78 formouse probablemente debido as interaccións gravitacionais de marea. Fluxos febles de material parecen conectar a Arp 78 coas súas achegadas galaxias acompañantes.

Texto orixinal no APOD.