Mencer en Tycho


Créditos: NASA / GSFC / Arizona State Univ. / Lunar Reconnaissance Orbiter

Explicación: o complexo cumio central do cráter Tycho proxecta unha sombra escura e longa preto do mencer local desta paisaxe lunar espectacular. A fantástica imaxe oblicua foi tomada o 10 de xuño polo Lunar Reconnaissance Orbiter (Orbitador de Recoñecemento Lunar). Tal e como se amosa nun detalla abraiante, as pendentes con rochas espalladas e as sombras dentadas aparecen nesta versión de altísima resolución de 1,5 metros por pixel. O escarpado complexo ten uns 15 quilómetros de largo, formouse por elevación debido a un enorme impacto que creou o ben coñecido cráter raiado hai 100 millóns de anos. O cumio do pico central chega a 2 quilómetros por riba do chan do cráter Tycho.

Texto orixinal no APOD.