A sombra triangular dun gran volcán


Créditos e  Copyright da imaxe: Juan Carlos Casado (TWAN)

Explicación: Por que semella un triángulo a sombra deste volcán? O volcán do Teide non ten en si mesmo a forma piramidal que esta sombra xeométrica podería suxerir. O fenómeno da sombra triangular non é, porén, exclusivo do Teide, e é habitual ollalo dende o cumio doutras grandes montañas e volcáns. A principal razón que explica a estraña forma da sombra é que o observador está ollando  a longa corredoira da sombra do solpor (ou do mencer) que se extende cara ó horizonte. Aínda que o inmenso volcán fora un cubo perfecto e a sombra resultante fora un longo caixón rectangular, ese caixón vería estreitarse a súa parte superior tanto como a súa sombra se extendera lonxe na distancia, do mesmo xeito que o fan as vías paralelas do ferrocarril. A espectacular imaxe de enriba mostra o cráter de Pico Viejo no primeiro plano, que se topa en Tenerife nas Illas Canarias de España. A Lúa case chea óllase nas proximidades pouco despois da eclipse luar total do pasado mes.

Texto orixinal no APOD.