Alpha Centauri: o sistema estelar máis próximo

 

Créditos da imaxe: 1-Meter Schmidt Telescope, ESO

Explicación: O sistema estelar máis próximo ao Sol é o sistema Alpha Centauri. Das tres estrelas do sistema, a máis escura – chamada Proxima Centauri – é realmente a máis cercana. As brillantes estrelas Alpha Centauri A e B forman un sistema binario moi próximo, xa que están separadas só por 23 veces a distancia Terra-Sol – un pouco máis da distancia entre Urano e o Sol. Na imaxe de enriba, o brillo das estrelas satura a fotografía provocando a ilusión de que teñen un gran tamaño, aínda que as estrelas son soamente pequenos puntos de luz. O Sistema Alpha Centauri é invisible dende a maior parte do hemisferio norte. Alpha Centauri A, tamén coñecida como Rigil Kentaurus, é a máis brillante estrela da constelación de Centaurus, e é a cuarta estrela máis brillante do ceo nocturno. Sirio é a máis brillante, aínda se pensamos que se atopa dúas veces máis lonxe. Por unha interesante coincidencia, Alpha Centauri A é unha estrela do mesmo tipo que o noso Sol, facendo que moitos especulen que pode ter planetas capaces de albergar vida.

Texto orixinal no APOD.